Fundación Once apoia o proxecto de “Emprego con Apoio” de Down Galicia

Cunha achega de 5.500€, a Fundación Once colabora co proxecto de “Emprego con Apoio” que Down Galicia, en colaboración coas súas entidades membro, leva a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. Desta forma, persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual contan cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral…

40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 40 persoas de todas as entidades Down en Galicia presentaranse este sábado, 11 de xuño, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso…

Feuvert aposta pola inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down

Feuvert, compañía líder no sector do mantemento do automóbil, é tamén un referente no campo da inclusión socio-laboral. Desde 2015 colabora, por propia iniciativa, co programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, mediante o que xa incorporaron ao seu equipo de traballo a 3 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Dúas…