Bibliografía E. Primaria

EDUCACIÓN :: RECURSOS EDUCATIVOS

Orientación para o apoio á inclusión educativa.
Aprendizaxe Cooperativo.
Adaptaciones Curriculares

 

MATERIAIS DE SENSIBILIZACIÓN

Charla sensibilización – Un mundo para todos

Guía para a sensibilización no ámbito educativo

Unidade didáctica persoas con discapacidade

 

PÁXINAS WEB DE RECURSOS EDUCATIVOS

 Recursos educativos de Lecto-escritura.

LEO LO QUE VEO: http://www.leoloqueveo.org/

“Leo o que vexo” , é un Dicionario temático-visual , cuxo obxectivo é facilitar a aprendizaxe do vocabulario e a comprensión lectora, a alumnos de E. Infantil e Primaria , especialmente a aqueles que presentan dificultades de acceso á lingua castelá (Por D.Auditiva, descoñecemento do idioma ou outros problemas que dificulten o proceso de aprendizaxe). A web inclúe tamén xogos de discriminación auditiva, actividades de lectoescritura e lectura comprensiva , actividades CLIC , webquest , etc….

MAESTROS AYL: http://usuarios.multimania.es/maestrosayl/materiales.htm

Espazo web de materiais de Audición e linguaxe no que se poden atopar actividades, bibliografía, fotografías, ligazóns educativas de interese e outros materiais de traballo e avaliación de carácter logopédico.

PROJECTE FRESSA: http://www.xtec.cat/~jlagares/f2kesp.htm

O Proxecto Fressa é unha web dedicada á promoción de software libre especialmente deseñado para o alumnado con discapacidade de diferente tipoloxía. Contén un conxunto de aplicacións relacionadas co control da voz e o acceso ao computador, son programas de axuda á comunicación para persoas con discapacidade.

Recursos educativos de Logopedia.

MAESTROS AYL: http://usuarios.multimania.es/maestrosayl/materiales.htm

Espazo web de materiais de Audición e linguaxe no que se poden atopar actividades, bibliografía, fotografías, ligazóns educativas de interese e outros materiais de traballo e avaliación de carácter logopédico.

FACIL: http://www.xtec.net/dnee/facil/

FACIL (Factoria de Actividades Combinadas de Informàtica e Lingua) é un sistema automático de xeración de exercicios que representa un aforro de tempo e quere resolver a dificultade de desenvolver programas a medida e a ineficacia de utilizar programas pechados non personalizados. Hai unha versión en castelán e outra en galego.

VOCALIZA: http://centros6.pntic.mec.es/cpee.alborada/cps//index.html

Web de recursos e de ferramentas, que faciliten os procesos de relación, acceso ao currículo, autonomía e comunicación dos alumnos, a través da introdución das novas tecnoloxías da información e a comunicación nas tarefas educativas.

PROJECTE FRESSA: http://www.xtec.cat/~jlagares/f2kesp.htm

O Proxecto Fressa é unha web dedicada á promoción de software libre especialmente deseñado para o alumnado con discapacidade de diferente tipoloxía. Contén un conxunto de aplicacións relacionadas co control da voz e o acceso ao computador, son programas de axuda á comunicación para persoas con discapacidade.

Recursos educativos Comúns

CREENA: http://centros.educacion.navarra.es/creena/index.htm

Páxina web do Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra na que se poderá atopar información relevante sobre recursos educativos para o traballo educativo con persoas con discapacidade intelectual.

INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS: http://www.ite.educacion.es/profesores/

Espazo web de recursos educativos tanto curriculares (por materias e contidos) como complementarios (de orientación, banco de imaxes, suxestións bibliográficas,…). A maiores está dispoñible unha zona de descarga dalgúns recursos ofrecidos polo CNICE.

TADEGA: http://www.tadega.net/

TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) é un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dun modo especial, na Atención á Diversidade.

O seu obxectivo é  investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar e propoñer as ferramentas, as maneiras, e os métodos para obter o mellor proveito das tecnoloxías dixitais no campo educativo das persoas con necesidades educativas especiais.

XUNTA: http://www.edu.xunta.es/contidos/

Portal de contidos educativos organizados por ciclos na que está dispoñible ademais unha serie de opcións que poden resultar de utilidade tales como un banco multimedia, recursos específicos de atención á diversidade…

CLIC: http://clic.xtec.net/es/

Clic está formado por un conxunto de aplicacións de software libre que permiten crear diversos tipos de actividades educativas multimedia. A zonaClic é un servizo do Departamento de Educación da Generalitat de Cataluña creado co obxectivo de dar difusión e apoio ao uso destes recursos, e ofrecer un espazo de cooperación aberto á participación de todos os educadores/se que queiran compartir os materiais didácticos creados co programa.

EDUCAREX: http://www.educarex.es/web/guest

Portal educativo Estremeño no que está dispoñible un Banco de Recursos que recompila máis de 50.0000 recursos educativos libres de case todas as materias e niveis educativos. Así mesmo, dispón dun blog que diariamente ofrece noticias de actualidade sobre o TIC en educación, e recomenda materiais educativos dixitais que poden ser utilizados na aula.

CEIP DE FRIONS: http://centros.edu.xunta.es/ceipdefrions/?q=gl/category/

Web do CEIP de Frions onde se poden atopar unha serie de materiais educativos (fichas, programas educativos, aplicacións, actividades, contos…) así como o acceso a xogos educativos on-line.

UDICOM: http://www.educarm.es/udicom/indexb.htm

UDICOM é un conxunto de unidades didácticas de compensatoria educativa que fai que o proceso de ensino-aprendizaxe sexa coherente, flexible, significativo e con sentido para loa alumnos. Cada unha destas Unidades Didácticas está dividida en Bloques de actividades, correspondentes a diferentes contidos. Cada unha delas conta cunha programación, que explica o desenvolvemento de cada unidade e un mapa conceptual cos contidos e actividades.

XUNTA DE ANDALUCÍA: http://www.juntadeandalucia.es/temas/personas/educacion.html

Desde o Banco de Recursos da webb, tense acceso a diferentes ligazóns e aplicacións referentes a recursos educativos. Dispón de varias opcións de procura e permite a interacción co profesorado que poderá realizar achegas de recursos, comentarios, etc.