UN LONGO CAMIÑO FEITO, MOITO POR PERCORRER
Con motivo do seu 20 aniversario, Down Galicia preparou a campaña fotográfica “Un longo camiño feito, moito por percorrer”, unha serie de sete fotografías, centradas no ciclo vital dunha persoa, que pretenden dar visibilidade á evolución experimentada pola sociedade en canto á inclusión e á adquisición de dereitos do colectivo que representamos. Pero tamén se intenta reivindicar todo o traballo que aínda queda por facer.
Esta exposición veu a luz o pasado 20 de outubro, na “Festa pola inclusión” que a Federación organizou no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.