Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down

  Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down. A Cidade da Cultura, a ponte das correntes en Pontevedra e a ponte romana de Ourense, o teatro Jofre e a fonte do Cantón de Molíns en Ferrol, as casas do concello de Lugo e Santiago de…

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández

  “Somos moito máis que estereotipos. Somos persoas activas, con metas e aspiracións, que progresamos se se nos da a oportunidade”, asegurou esta noite Pepa Lockhart durante a gala de entrega dos X Premios Down Compostela, que xuntou a máis de 250 persoas no Hostal dos Reis Católicos, na que se recoñeceu o traballo de…

As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down

  O Teatro Principal de Ourense foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e pola Asociación Down Ourense para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Nun acto que mesturou unha parte institucional con distintas experiencias de vida, as persoas coa síndrome de Down foron as verdadeiras protagonistas, poñendo de manifesto que…

Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

  Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, que se conmemorou onte en todo o mundo, membros de Teima Down Ferrol deron lectura na Praza de Galicia ao Manifesto pola Promoción da Autonomía Persoal, unha proclama reivindicativa coa que buscan reclamar os seus dereitos. Tralo alumeado en cor azul e amarelo do Teatro…

Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down

  Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, que se celebrou onte en todo o mundo, a asociación Down Lugo colocou esta mañá na Praza Maior da cidade unha mesa informativa e unha exposición fotográfica sobre emprego inclusivo para dar visibilidade ao traballo da entidade e sensibilizar acerca das capacidades das persoas coa…