Pedro Diz, o Instituto As Fontiñas e Limpiezas Salgado, distinguidos cos Premios Down Compostela 2015

O traballo no campo da investigación sanitaria e a atención clínica, a aposta pola inclusión escolar e a incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade foron os méritos que o Padroado da Fundación Down Compostela tivo en conta para entregar a Pedro Diz, ao Instituto de Secundaria As Fontiñas de Santiago, e a Limpiezas Salgado os Premios Down Compostela…

Down Compostela acada 10.000 euros nos premios Territorios Solidarios de BBVA

O proxecto “Capacitadas. Formación integral de nenas coa Síndrome de Down”, da Fundación Down Compostela, foi un dos galardoados en Galicia con 10.000 euros nos Premios Territorios Solidarios convocados por BBVA, e que se entregaron no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. “Capacitadas. Formación integral de nenas coa Síndrome de Down” abarca unha…

Alemao entrega a mozos e mozas de Down Compostela carnés de abonado para ver os partidos do Santiago Futsal

Santiago Futsal, club compostelán que milita na División de Honra do fútbol sala español, elixiu as instalacións da Fundación Down Compostela para presentar como os primeiros embaixadores da entidade a dous históricos do club, o xogador hispano brasileiro Alemao e o adestrador salmantino Tomás de Dios. Tras a presentación, Alemao entregou a mozos e mozas…

Pamela Casagrande anima aos empresarios de Santiago a contratar persoas coa síndrome de Down

“O traballo apórtame enerxía e felicidade e permíteme demostrar que podo facer ben as cousas. Eu animo aos empresarios a que nos contraten”. Con esta frase resumiu Pamela Casagrande, moza coa síndrome de Down, a súa experiencia no mercado laboral no acto celebrado na Cámara de Comercio de Santiago, durante o que a Fundación  Mapfre…