Concierto solidario de Rosalía Gómez Lasheras e Antonio Viñuales a favor de Down Compostela

A pianista compostelá Rosalía Gómez Lasheras, acompañada polo violinista oscense Antonio Viñuales Pérez, volverá actuar en Santiago o vindeiro venres 7 de setembro. Nesta ocasión será un concerto solidario a favor de Down Compostela, nun dos actos para celebrar o vinte e un aniversario da entidade. O concerto celebrarase no Auditorio de Galicia ás 20.30…

Santiago de Compostela acollerá o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro de Irmáns de persoas coa síndrome de Down

Como xa se anunciou na clausura dos encontros do ano pasado, Santiago de Compostela foi a cidade escollida para celebrar o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas coa síndrome de Down. A cita deste ano, co-organizada por Down España e Down Compostela, terá lugar no Hotel OCA-Porta…

Mozos e mozas de Down Compostela fórmanse nun obradoiro de cociña fría e catering

Quince mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da Fundación Down Compostela están a participar no curso “Cociña de pratos fríos e catering” que organizan a entidade social e a Asociación Terras de Compostela. Durante noventa horas, estes mozos e mozas adquirirán coñecementos sobre a elaboración de almorzos, canapés e pinchos,…

Gran ovación para o Grupo de Teatro Down Compostela na estrea de “La mansión de José Cruz”

A Casa da Cultura de O Milladoiro, cedida polo Concello de Ames, encheuse onte para asistir á estrea de “La mansión de José Cruz”, escrita e dirixida por Lucas Herrador e protagonizada polo Grupo de Teatro Down Compostela. Unha obra cuxo cartel foi deseñado polo pintor Rafael Romero Masiá. O público puido gozar dunha obra…

Down Compostela e Fundación Vodafone España entregan un recoñecemento a 8 mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Esta mañá tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos ‘Estamos prep@rados’, un acto de recoñecemento no que Down Compostela e Fundación  Vodafone España entregaron diplomas aos 8 mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais que superaron o programa ‘Yo me prep@ro’ de formación en Novas Tecnoloxías. Con este certificado, ambas as…