A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020

A Fundación Down Compostela acordou recoñecer o traballo que veñen realizando a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel Sistema concedéndolles os Premios Down Compostela 2020 pola súa implicación na mellora da saúde das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades ou enfermidades, por promover a expresión artística…

O Grupo de teatro Down Compostela estrea este venres ‘Todos os camiños levan a Santiago’

O Camiño de Santiago é o motivo elixido este ano polo Grupo de teatro Down Compostela para representar a súa undécima obra, que estreará este venres, 7 de xuño, no Salón Teatro de Santiago a partir das 20.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforo, polo que será necesario recoller previamente a entrada. Dirixidos…

Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019

© Xunta de Galicia Grazas aos convenios asinados entre a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Lugo e a Asociación Teima Down Ferrol, doce mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais realizarán prácticas laborais en centros e servizos da Xunta de Galicia durante o ano…