Entrega de diplomas da I Edición de Down Food

Tras seis meses de prácticas profesionais da man do chef Luis Veira, os mozos e mozas de Down Coruña acaban de recibir os seus diplomas acreditativos. A participación neste proxecto supuxo para estas persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de recibir capacitación en técnicas de cociña no restaurante Árbore da Vieira. No acto de clausura…

Repsol beca a mozos e mozas de Down Coruña para asistir ao Campus Básquet

Asínase por terceiro ano consecutivo o convenio entre a Asociación Down Coruña, Repsol Petróleo S.A e o Club Básquet Coruña. As tres institucións, representadas por Luis Felipe Llamas, director da Refinería; Manuel Álvarez, presidente de Down Coruña e Carlos Lamora, presidente de Básquet Coruña, renovan este acordo de colaboración co obxecto de desenvolver actividades encamiñadas a…

Down Coruña participa no proxecto Down Food

Trátase dun proxecto de formación integrador no que participan persoas con e sen discapacidade. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa pasan por capacitar aos participantes para a súa inclusión no mercado laboral, dotar de novos recursos e habilidades persoais apoiando os programas de emancipación e vida independente da Asociación Down Coruña, e concienciar á opinión pública…

Carlos Negreira visita Down Coruña no Día Mundial da Síndrome de Down

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado do concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, realizou unha visita ás instalación da Asociación Down Coruña no Día Mundial da Síndrome de Down. Ademais de percorrer as instalación para coñecer de primeira man a actividade e os programas desenvolvidos pola Asociación, mantivo unha xuntanza cos representantes de Down…

Down Coruña forma parte do pacto local polo emprego

No Pacto Local polo Emprego da cidade herculina aprobouse a integración de cinco novas entidades, entre as que se atopa a Asociación Down Coruña. As outras catro novas entidades integrantes son a Fundación Juan Soñador, Fundación Ronsel, Federación de asociacións de familiares e enfermos mentais (Feafes) e Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota). Na…