O programa de Atención temperá de Down Galicia, unha das metas do 3º Solidarios non stop de BBVA AM

Arrinca a conta atrás para a terceira edición do proxecto ‘Solidarios non stop’ de BBVA Asset Management. Os días 28, 29 e 30 de xuño terá lugar este reto deportivo anual que, a través do Camiño de Santiago, apóiase economicamente a entidades non lucrativas. O evento, aberto a toda a sociedade, pecha a súa inscrición…

A Fiscalía reforza a protección das persoas con discapacidade nunha circular sobre delitos de odio

A Fiscalía General del Estado (FGE) publicou nos últimos días una circular na que ofrecen novas indicacións para interpretar os delitos de odio tipificados no artigo 510 do Código penal. Entre eles inclúense os que incumben ás persoas con discapacidade, como o de discriminación laboral, denegación de servizos públicos ou escarnio e vexación, entre outros.…

Down Galicia contrata a tres persoas desempregadas a través do Programa de Garantía Xuvenil

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, facilitou a contratación na Federación Down Galicia de tres persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda estivo cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. A…

Fundación Inocente Inocente colabora coa inclusión educativa das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

A Fundación Inocente Inocente vén de premiar o proxecto “Inclusión educativa de alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais” que Down Galicia presentou á convocatoria 2019 de axudas a proxectos asistenciais da fundación privada. A través desta achega, que ascende aos 15.000 euros, a Federación poderá facilitar a inclusión escolar de 144 persoas…