25 persoas de entidades Down participarán nas oposicións a uxier do Parlamento de Galicia para persoas con discapacidade intelectual

Un total de 25 persoas de tódalas entidades Down en Galicia presentaranse o vindeiro 10 de marzo ao primeiro proceso selectivo convocado polo Parlamento de Galicia para a provisión dunha praza de uxier en Réxime interino. A convocatoria, reservada para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, ten por obxecto impulsar a inserción laboral deste colectivo.…

Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”

A Federación Down Galicia vén de actualizar a súa “Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”, na que aquelas persoas que o desexen poderán atopar información moi útil sobre as diferentes opcións existentes en Galicia en relación a estes dous ámbitos. Este documento foi creado co obxectivo…

A Deputación de Pontevedra continúa apostando pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia

Cunha achega de 5.679€, a Deputación de Pontevedra deu continuidade á colaboración que dende hai xa algúns anos ofrece ó proxecto “Emprego con Apoio na provincia de Pontevedra: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que pon en marcha Down Galicia nesta provincia. Esta colaboración permitiu que un total de 103…