A Deputación da Coruña colabora na optimización dos recursos tecnolóxicos de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou o pasado ano 2017 unha achega de 2.363,20 euros ao proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membro. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipos informáticos, así como mellorar o equipamento da área de Comunicación da Federación.…

O proxecto de educación inclusiva de Down Galicia recibe un dos Premios á Innovación Social da Fundación “La Caixa”

A Federación Down Galicia recibiu onte un dos dez Premios “La Caixa” á Innovación Social que a Fundación bancaria outorgou a entidades sociais de todo o país, recoñecendo así a importancia da educación inclusiva para o alumnado con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. “Unha escola para tod@s” foi un dos proxectos escollidos de…

Down Galicia e a Consellería de Educación presentan un protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Representantes da Federación Down Galicia e da Consellería de Educación presentaron esta mañá na Cidade da Cultura o Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, que ten como eixo central o dereito de todo o alumnado a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promova as súas…

Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade…