Excelentes resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave

Os resultados das probas de nivel 2 e nivel 3 de Competencias Clave realizadas polas persoas usuarias de entidades Down de Galicia foron practicamente perfectos. Dos 23 exames aos que se presentaron o pasado 27 de xuño en Silleda, foron superados 22 deles, o que supón un 95,6% de aprobados. Estes bos resultados evidencian a…

Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, xunto co seu socio Grupo Eroski, dedica o programa Céntimos Solidarios dos seus supermercados durante o mes de agosto ao proxecto “Unha escola para tod@s” de Down Galicia, xunto a outros dous programas de COGAMI e FAXPG. A empresa busca recadar fondos para contribuír á inclusión social de…

Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC

A Federación Down Galicia participou este martes na segunda xornada do curso de verán “A familia no novo réxime da discapacidade”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo deste curso é dar a coñecer a transcendencia social e xurídica da nova lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o…

O Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas asinan un convenio de colaboración con Down Galicia para a divulgación do novo marco normativo en materia de discapacidade

A Federación Down Galicia vén de asinar un convenio de colaboración co Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas, que ten por obxectivo a realización de distintas actividades de asesoramento e divulgación sobre temas xurídicos de interese para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Este convenio, presentado hoxe nun acto na Facultade…