Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publicou a pasada semana o listado definitivo de persoas admitidas no proceso selectivo dunha praza de ordenanza reservada a persoas con discapacidade intelectual, na que figuran 26 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos e de Down Vigo. O seguinte paso para todas elas será a realización da primeira proba, que terá…

Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá

Un paso á fronte decidido e acorde á Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU para garantir unha educación inclusiva. É o que demandan as federacións Down Galicia e Down España tras a aprobación no Congreso da nova lei educativa LOMLOE. As entidades solicitan que o Goberno estatal e a Xunta de Galicia…

O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia

Cunha achega de 9.600 euros, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), axencia adscrita á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para o desenvolvemento económico de Galicia, colaborou neste 2020 co proxecto “Banco de recursos para superar a brecha dixital de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” de Down Galicia.…

Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19

Tendo en conta o Plan de Vacinación Estatal contra a COVID-19, Down Galicia enviou unha solicitude á Consellería de Sanidade, incluíndo información relevante froito da investigación realizada por T21RS, que xustifica a conveniencia de incluír ás persoas coa síndrome de Down dentro dos grupos prioritarios de vacinación. A Sociedade internacional de Investigación sobre a Trisomía…