Down Galicia considera inconcibible o rexeitamento do Tribunal Constitucional a restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade intelectual

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) expresou hoxe a súa indignación ante o rexeitamento do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso que a familia de Mara, unha moza galega con discapacidade intelectual, presentou para que se lle restablecese o seu dereito ó voto. Delmiro Prieto, Presidente da…

Down Galicia lanza unha campaña de captación de doantes polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) acaba de lanzar, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a súa nova campaña de captación de doantes colaboradores. Baixo o lema “Contigo podemos máis”, pretende concienciar á sociedade galega da importancia dos apoios no proceso de inclusión das persoas coa…

A Consellería de Política Social financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal

A Xunta de Galicia contribúe ó financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2016. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a integración socio laboral…

Vota o noso proxecto e apoia a Down Galicia na súa loita por unha educación inclusiva

En DOWN GALICIA necesitamos o voso apoio no noso proxecto “UNA ESCUELA PARA TOD@S: inclusión educativa de alumn@s con Síndrome de Down y/o discapacidad intelectual” presentado á convocatoria “Tu proyecto. Nuestro proyecto” de Honda. Este proxecto ten por obxectivo promover e facilitar a inclusión escolar do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na…