Down Galicia, finalista do premio Youtubeir@s á calidade lingüística

A Federación Down Galicia foi distinguida onte, nunha gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela, como unha das entidades finalistas ao Premio Youtubeir@s 2019 á calidade lingüística polo seu vídeo “OrientaConsello – O posto de ordenanza”. Este premio recoñece o uso coidado e correcto da lingua en calquera das súas variantes dialectais. Os…

Down Galicia apoia ao CERMI na denuncia das graves situacións de desigualdade e exclusión que sofre a infancia con discapacidade en España

A Federación Down Galicia fai seu o manifesto do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) que denuncia que a infancia con discapacidade segue afrontando en España “graves situacións de desigualdade, exclusión e ausencia de benestar, que lastran as posibilidades efectivas de desenvolver e maximizar as súas potencialidades, dispoñendo de condicións para que…

“O modelo educativo quedou desfasado: o problema non é o alumnado con discapacidade, senón o tipo de aula”

A Federación Down Galicia organizou na súa sede este pasado sábado 26 de outubro “Educación Inclusiva: Deseño Universal para a Aprendizaxe e boas prácticas”, unha xornada didáctica e reflexiva que reuniu a máis de 180 profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Galicia. A formación, que…

Medra a atención personalizada no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que volta superar o milleiro de accións

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.321 accións de orientación para un total de 225 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. Nesta ocasión, contabilizáronse 95 accións de atención personalizada máis que no curso anterior, o que reflicte a tendencia cara un…