Down Galicia e a USC asinan un convenio para promover a docencia e a investigación

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Antonio López Díaz, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asinaron esta mañá no edificio do Reitorado un convenio de colaboración que busca estreitar as súas relacións, xuntar esforzos e establecer normas amplas de actuación que canalicen e incrementen os seus contactos e colaboracións. Deste xeito, o obxecto…

O grupo municipal do BNG visita a sede de Down Galicia e Down Compostela

Unha ampla representación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, encabezada pola cabeza de lista Goretti Sanmartín, visitaron esta mañá as instalacións que a Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela teñen na cidade de Santiago. A visita comezou cunha reunión cos principais representantes de ambas as entidades, nas que se puxeron de manifesto as…

Down Galicia recibe un dos galardóns da VI edición do programa “Territorios Solidarios” de BBVA

Down Galicia é unha das oito entidades galegas que o pasado xoves foron galardoadas na sexta edición da iniciativa “Territorios Solidarios” de BBVA. Desta forma, o programa “Vida independente de persoas coa síndrome de Down” que a Federación e as súas entidades membro levan a cabo en toda a comunidade autónoma, conseguiu 6.000€ para o…

A Consellería de Política Social colabora cos programas de familias e emprego de Down Galicia a través do IRPF

A través das subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social financia parte dos programas de familias e emprego que Down Galicia leva a cabo en todo o territorio…

A Deputación de Pontevedra continúa colaborando co programa de Emprego con Apoio de Down Galicia

Cunha achega de 5.235,28€, a Deputación de Pontevedra quixo dar continuidade á colaboración que dende hai xa varios anos ofrece ao proxecto “Emprego con Apoio na provincia de Pontevedra” que Down Galicia leva a cabo nesta zona. Esta aposta pola inclusión laboral permitiu que un total de 93 persoas coa síndrome de Down e outras…