Moito esforzo e dedicación nas probas para a obtención dos certificados Celga

Máis de 200 persoas participaron o pasado mes de xuño nas probas para a obtención dos certificados Celga 2 que se celebraron no IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela. Estas certificacións, dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego a efectos…

Ibercaja colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

A Obra Social de Ibercaja, a través da súa Convocatoria 2017 de Proyectos sociales, colabora co proxecto “Síndrome de Down e envellecemento: unha nova situación que afrontar” que Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de traballo nas principais cidades galegas (Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), estendendo así a súa actuación…

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación nos proxectos de formación prelaboral da Federación

Esta mañá, 60 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia un diploma acreditativo da súa participación en algún dos tres proxectos de formación prelaboral levados a cabo durante o último ano pola Federación Down Galicia. O acto, presidido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey…

Down Galicia esixe que a normativa educativa garanta a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual

Tralo recente informe de Nacións Unidas no que a organización internacional acusa ao sistema educativo español de vulnerar os dereitos das persoas con discapacidade, Down Galicia considera urxente a reforma da lexislación educativa e a implantación dun sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e que non discrimine ás…