A Xunta subvencionou a contratación de nove persoas para postos técnicos durante o último período en Down Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 161.259,38 € a contratación de nove persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2020-2021 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia. Mediante estas contratacións de xornada parcial durante un ano…

Sprinter colabora con Down Galicia na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia e Sprinter Megacentros de Deporte S.L. acaban de asinar un convenio de colaboración que ten por obxectivo a formación teórico-práctica e a inclusión no mercado laboral ordinario das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais na comunidade. Este acordo céntrase concretamente na realización por parte das persoas usuarias das…

A Conselleira de Política Social visita a sede de Down Galicia e Down Compostela para recoller as súas principais demandas

Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, e Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, visitaron esta mañá as instalacións que a Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela teñen na cidade de Santiago, onde puideron comprobar de primeira man o traballo realizado por ambas as entidades. Tras unha conversa…

Fundación “la Caixa” promove a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 25.950 euros, a Fundación “la  Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria de Inserción Sociolaboral 2021, que ten por finalidade facilitar a inserción laboral e a mellora da empregabilidade das persoas máis…