A Deputación da Coruña colabora economicamente con dous proxectos da Federación

A Deputación da Coruña colaborou un ano máis con Down Galicia e as súas entidades membro nesa provincia, cunha achega económica de 17.500€ para o proxecto “Emprego con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na provincia da Coruña”. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da inserción laboral…

Down Galicia recibe un dos premios “Cheo de vida” do Consello Regulador do Queixo Tetilla

O Pazo de Quián (Sergude – Boqueixón) foi o escenario escollido polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla para entregar o pasado venres os galardóns da primeira edición do seu concurso “Cheo de Vida”. Grazas ao seu proxecto de Atención Temperá, a Federación Down Galicia foi unha das entidades seleccionadas para recibir…

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un novo convenio de colaboración entre ambas entidades. Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos sesenta e nove mil cento oitenta euros (469.180 €), ten por obxecto contribuír ao financiamento por…

As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos no Día Mundial da síndrome de Down

O Teatro Salesianos de Vigo foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e pola Asociación Down Vigo para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Nun acto que mesturou unha parte lúdica e outra institucional, as persoas con trisomía 21 e outras discapacidades intelectuais foron as verdadeiras protagonistas, reclamando un ano máis…