Case 130 persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron cun contrato no 2016

Un total de 127 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, contaron polo menos cun contrato de traballo en empresas ordinarias da súa contorna no pasado ano. Este dato supón que un 68% das persoas que conforman este programa tiveron acceso a un…

Down Galicia considera inconcibible o rexeitamento do Tribunal Constitucional a restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade intelectual

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) expresou hoxe a súa indignación ante o rexeitamento do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso que a familia de Mara, unha moza galega con discapacidade intelectual, presentou para que se lle restablecese o seu dereito ó voto. Delmiro Prieto, Presidente da…

Down Galicia lanza unha campaña de captación de doantes polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) acaba de lanzar, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a súa nova campaña de captación de doantes colaboradores. Baixo o lema “Contigo podemos máis”, pretende concienciar á sociedade galega da importancia dos apoios no proceso de inclusión das persoas coa…

A Consellería de Política Social financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal

A Xunta de Galicia contribúe ó financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2016. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a integración socio laboral…