O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”

  Mocidade, autonomía, ocio e inclusión foron os piares sobre os que xirou o Encontro de mozos, mozas e persoas adultas 2022 celebrado durante esta fin de semana en Santiago de Compostela e no que participaron máis de 130 persoas con e sen discapacidade vencelladas a entidades Down de toda Galicia. Esta xornada, organizada pola…

Down Galicia e o grupo empresarial Tesalia asinan un convenio de colaboración para a mellora da capacitación tecnolóxica de persoas usuarias e profesionais do Movemento Down

  A Federación Down Galicia e o grupo empresarial conformado por Emetel Sistemas SLU, Agata Technology S.L. e Tesalia Capital SLU veñen de asinar un convenio de colaboración que ten por obxecto a suma dos seus esforzos para a posta en marcha e desenvolvemento, principalmente, de programas de formación en tecnoloxías, tanto para persoas usuarias…

Down Galicia e a Consellería de Facenda asinan un convenio de colaboración en materia de emprego inclusivo

  Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, e Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as entidades que representan, mediante o que a Federación asesorará á Consellería durante os futuros procesos de adaptación aos postos de traballo daquelas persoas con…

A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021

  Un total de 172 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2021. Este dato é case idéntico ao obtido no mesmo período do ano anterior, onde se constatou unha baixada significativa no número de contratacións con respecto a…