Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

A educación é un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. Deste xeito, as sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa. É dicir, deben garantir, sen condicións, unha educación inclusiva. Hoxe, 24 de xaneiro, celébrase o Día Internacional…

A Deputación de Ourense aposta de novo pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia ourensá

Cunha achega de 2.500€, a Deputación de Ourense apostou de novo pola colaboración co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Esta colaboración permitiu que un total de 22 persoas coa síndrome de Down e…

CERMI Galicia conmemora o Día Internacional e Europeo da Discapacidade coa lectura dun manifesto no Parlamento galego

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) conmemorou o Día Internacional e Europeo das persoas con Discapacidade coa lectura do manifesto emitido polo movemento CERMI no Parlamento de Galicia. A lectura correu a cargo do presidente de  CERMI Galicia, Iker Sertucha. O acto tivo lugar hoxe, 4 de decembro,…

Down Galicia recibe unha mención honorífica polo seu traballo como entidade de Acción Voluntaria

A Federación Down Galicia recibiu onte, dentro da programación do XX Congreso Estatal de Voluntariado celebrado no Recinto Ferial Expourense, unha das mencións honoríficas que a Xunta de Galicia entregaba a entidades de acción voluntaria de toda a comunidade autónoma. Con estes galardóns réndese homenaxe ao traballo levado a cabo polas entidades de acción voluntaria…

A Consellería de Política Social colabora co mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Un ano máis, a Xunta de Galicia contribúe economicamente co mantemento da Federación e cos programas do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia leva a cabo durante este ano 2018. Este convenio nominativo, que achega á Federación catrocentos sesenta e nove mil cento oitenta euros (469.180 €), ten por obxecto promover…