Os confeiteiros lucenses entregaron a Down Lugo 3.092€ trala venda da Chocolatina Solidaria

Finalmente, foron 3.092 euros a cantidade recadada trala venda da Chocolatina Solidaria, iniciativa que xurdiu da colaboración entre Down Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería da provincia, que tivo lugar o pasado día 21 de marzo. Esta mañá Honorio Gómez, presidente dos confeiteiros lucenses, entregaba a María José…

As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades no Día Mundial da síndrome de Down

Baixo o lema “A vida non vai de cromosomas”, as persoas usuarias de Down Lugo, mozos e mozas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, deron lectura nos actos de celebración do Día Mundial da Síndrome de Down e do XX aniversario da Asociación Down Lugo ao Manifesto pola Autonomía Persoal, no que reclamaron os seus…

Dúas mil seiscentas Chocolatinas Solidarias poñeranse á venda o vindeiro luns na Praza Maior de Lugo

Down Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería da provincia lucense poñerán á venda 2600 Chocolatinas Solidarias o vindeiro luns 21 de marzo, Día Mundial da síndrome de Down. O stand estará situado na Praza Maior de Lugo e todo aquel que o desexe poderá adquirir a súa chocolatina…