Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019

© Xunta de Galicia Grazas aos convenios asinados entre a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Lugo e a Asociación Teima Down Ferrol, doce mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais realizarán prácticas laborais en centros e servizos da Xunta de Galicia durante o ano…

As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

As entidades Down de Galicia tamén quixeron conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down con numerosos actos reivindicativos e de sensibilización por toda a comunidade autónoma. Así, ademais do acto central da Federación e a Asociación Down Vigo, nas sete principais cidades de Galicia, persoas usuarias de todas as entidades membro da Federación Down…

Down Lugo inaugura unha mostra fotográfica na Biblioteca Municipal de Viveiro

Fotografía: Alberto López Down Lugo inaugurou onte en Viveiro a mostra fotográfica “Enfocando historias”, un proxecto levado a cabo por persoas usuarias da asociación en colaboración co voluntariado da Fundación Telefónica e ASTELU (Asociación Senior Telefónica de Lugo). “Enfocando historias”, dirixido pola fotógrafa Aleksandra Dmitrieva, estivo realizado en catro fases. Nun primeiro momento, as persoas…