Pleno de aprobados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de nivel 2 de Competencias Clave

Inmellorables! Así son os resultados das probas de nivel 2 de Competencias Clave realizadas polas persoas usuarias de entidades Down de Galicia. Dos 13 exames aos que se presentaron o pasado 12 de maio en Silleda, acadaron un resultado positivo en todos eles, o que supón un 100% de aprobados. As persoas participantes coa síndrome…

Fotografías de persoas usuarias de Down Lugo protagonizan unha mostra na Capela de Santa María

O pasado martes 3 de outubro inaugurábase en Lugo a mostra fotográfica “Enfocando Historias”. A capela do Fogar de Santa María acollerá ata o 29 de outubro esta exposición gratuíta, que recolle 36 fotografías realizadas por 17 persoas usuarias de Down Lugo dirixidas pola fotógrafa Aleksandra Dmitrieva, voluntaria desde hai dous anos na Asociación e…

Fundación Mapfre presenta en Lugo o seu Programa Social de Emprego, destacando o caso de éxito de Sabela

Fundación MAPFRE presentou hoxe ás empresas de Lugo o seu programa social de emprego, que ten como obxectivo promover e impulsar o emprego entre os colectivos máis vulnerables da sociedade. Para iso contou co inestimable apoio do Grupo de Networking empresarial BNI Lugo. Este novo programa engloba as distintas iniciativas levadas a cabo pola entidade…

Os confeiteiros lucenses entregaron a Down Lugo 3.092€ trala venda da Chocolatina Solidaria

Finalmente, foron 3.092 euros a cantidade recadada trala venda da Chocolatina Solidaria, iniciativa que xurdiu da colaboración entre Down Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería da provincia, que tivo lugar o pasado día 21 de marzo. Esta mañá Honorio Gómez, presidente dos confeiteiros lucenses, entregaba a María José…