A Fundación San Rosendo contará na súa plantilla cunha persoa con discapacidade intelectual de Down Ourense

O director-xerente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela Varela, e a presidenta da Asociación Down Ourense, Carmen Vila Cid, asinan un convenio de colaboración co fin de promover a integración socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual. En virtude de dito convenio, unha persoa membro de Down Ourense comezará nos vindeiros días a traballar nun…

Acto de benvida de BBVA aos seis membros de Down Ourense que desde o luns se incorporan ao seu programa de prácticas formativas

Carmelo Beltrán, director da Territorial Noroeste de BBVA e Mara Prieto, vicepresidenta de Down Ourense, deron hoxe a benvida aos seis membros de Down Ourense que desde o luns se incorporan ao seu programa de prácticas formativas, cuxo obxectivo é promover a inclusión socio-laboral das persoas con diversidade funcional. Os mozos intégranse na oficina da…

Xuntanza de asesoramento das técnicos de down Ourense ao equipo docente do CPI de Padrenda

O CPI de Padrenda vén de sumarse á rede de centros educativos ourensáns que reciben asesoramento por parte das técnicos de Down Ourense en materia de educación inclusiva. Este centro, que conta con unha alumna coa síndrome de Down, mantivo unha xuntanza de formación coas profesionais da Asociación Down Ourense na que se abordaron cuestións…

Finaliza o programa de educación afectivo-sexual para persoas con discapacidade intelectual

Down Ourense vén de rematar o programa de educación afectivo-sexual para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual levado a cabo durante o último mes en colaboración co Centro Quérote+ desta cidade. No balance final desta colaboración, tanto o coordinador autonómico dos Centros Quérote+, Raúl Cadenas, como a vicepresidenta de Down Ourense, Mara Prieto,…

Down Ourense participa no II curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade.

A entidade ourensana abordou os beneficios de terapias e actividades realizadas con animais como parte da intervención educativa en persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Neste sentido, expuxo as experiencias realizadas neste campo tanto a través de terapias con cabalos como de actividades puntuais con animais domésticos. No primeiro caso, o obxectivo da…