Día Mundial da Síndrome de Down

O Auditorio Municipal de Ourense, acollerá o 21 de marzo a partir das 19:00 horas, os actos do Día Mundial da Síndrome de Down.  Nesta edición, celebrarase un Acto institucional, seguido dunha gala musical e entregaranse os II Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado…

Iago Borges explica a súa experiencia laboral no encontro empresarial convocado pola Fundación Mapfre en Ourense

Preto de 15 empresas que desenvolven a súa actividade en Ourense asistiron hoxe nesta cidade a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade…

Down Ourense inaugura as súas novas instalacións demandando maior inclusión social e igualdade de oportunidades

“Chámome David e teño un soño, conseguir un emprego digno e ser un máis”, así comezaba a súa intervención David Nóvoa, un mozo con discapacidade intelectual, que no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras interviña no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación Down Ourense. David puxo de manifesto a necesidade de…