A Deputación de Pontevedra continúa apostando pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia

Cunha achega de 5.679€, a Deputación de Pontevedra deu continuidade á colaboración que dende hai xa algúns anos ofrece ó proxecto “Emprego con Apoio na provincia de Pontevedra: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que pon en marcha Down Galicia nesta provincia. Esta colaboración permitiu que un total de 103…

Mozos e mozas de Xuntos conseguen dous premios no concurso de curtas D-medo do Concello de Barro

Un asasinato e un malvado pallaso son os eixos centrais de “Amizades perigosas” e “Cóxegas malditas”, dúas curtametraxes realizadas por mozos e mozas de Down Pontevedra “Xuntos” coas que conseguiron o 3º e o 5º premio, respectivamente, no certame D-medo organizado polo Concello de Barro. Artellados nun pequeno grupo, os membros de Xuntos idearon dous…

O 92% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia superan as probas para a obtención do Celga 2

Un total de 11 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia da provincia de Pontevedra superaron as probas para a obtención do certificado Celga 2, o que supón un 91,7% de aprobados en relación ó total de presentados (12). Esta proba, celebrada o pasado 11 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de…