Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo de Mugartegui ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios e empresarias da zona e a mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral…

As persoas coa síndrome de Down alzan a súa voz no Día Mundial da síndrome de Down

A Praza da Pedreira de Pontevedra foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e por Down Pontevedra “Xuntos” para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Baixo o lema “Incluír é construír”, as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual reclamaron, un ano máis, os seus dereitos e defenderon a riqueza…

Down Pontevedra “Xuntos” prepara un mosaico na cidade para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down

Down Pontevedra “Xuntos” está a preparar, coa axuda de outras entidades sociais da cidade, un mosaico feito con pequenas pezas de azulexo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down. A parede escollida, cedida polo Concello de Pontevedra, está situada na Avenida das Corvaceiras, baixo a Ponte da Barca, e o debuxo representará unha…