Down Vigo e Nueva Pescanova renovan a súa colaboración pola inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Down Vigo e o Grupo Nueva Pescanova renovaron o seu acordo de colaboración para favorecer a inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no mundo laboral. Este compromiso fíxose efectivo a través dun convenio asinado por Alfonso Gordon e Marta Otero, director corporativo de Persoas e directora xeral Industrial do Grupo…

Continúan as boas novas nos servizos de emprego con apoio e formación de Down Vigo

Contratación indefinida en Recambios Quasar Iván, usuario do servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo, acaba de incorporarse de novo ao mercado laboral a través dun contrato indefinido na empresa Recambios Quasar, cuxa actividade se centra na comercialización de motores de arranque e  alternadores para o automóbil. O seu posto de traballo está relacionado…

Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España

Down España inaugurou o pasado venres a primeira Xornada de Coordinación Nacional do Proxecto Campus Oportunidades para a Inclusión, no que participa Down Vigo por segundo ano consecutivo. O proxecto baséase no desenvolvemento de accións formativas para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais adquiran ou completen as súas competencias a…

Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (R/ Eduardo Chao, 17) acolle ata o vindeiro venres 29 de xaneiro a exposición “El viaje de mi vida”, na que persoas usuarias do grupo de Habililidades Adaptativas de Down Vigo mostran a súa sensibilidade artística cun conxunto colorista de tapices elaborados coa técnica do  patchwork e…