Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publicou a pasada semana o listado definitivo de persoas admitidas no proceso selectivo dunha praza de ordenanza reservada a persoas con discapacidade intelectual, na que figuran 26 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos e de Down Vigo. O seguinte paso para todas elas será a realización da primeira proba, que terá…

Down Vigo e a empresa de automoción Magna Seating asinan un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral do colectivo

O presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, e o director de Recursos Humanos da empresa de automoción Magna Seating Vigo S.A., Luis Cornide, asinaron o pasado venres un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A empresa adquire desta forma o compromiso…

Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade

A Asociación Down Vigo inaugurou o pasado venres día 7 de agosto a exposición “El viaje de mi vida” no centro comercial Gran Vía da cidade olívica. A mostra artística, que está aberta ata o venres 21 deste mes, consta de oito tapices de tea confeccionados a man polo grupo de Habilidades Adaptativas de Down…