Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

A educación é un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. Deste xeito, as sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa. É dicir, deben garantir, sen condicións, unha educación inclusiva. Hoxe, 24 de xaneiro, celébrase o Día Internacional…

“la Caixa” promove a inclusión educativa do alumnado con discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 10.000 euros, a Obra Social “la  Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Unha escola para todos e todas: inclusión educativa de alumnos e alumnas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria “Interculturalidad y Acción Social 2017”, dentro do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas…

Down Galicia esixe que a normativa educativa garanta a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual

Tralo recente informe de Nacións Unidas no que a organización internacional acusa ao sistema educativo español de vulnerar os dereitos das persoas con discapacidade, Down Galicia considera urxente a reforma da lexislación educativa e a implantación dun sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e que non discrimine ás…

CERMI esixe garantir o dereito á educación inclusiva do alumnado con discapacidade

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) esixiu a implantación dun único modelo de educación inclusiva no que poida ser escolarizado todo o alumnado con discapacidade, algo que “é unha obrigación legal recollida na Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e que en cambio, a lexislación educativa en España recolle…