Mozos e mozas de Down Compostela fórmanse nun obradoiro de cociña fría e catering

Quince mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da Fundación Down Compostela están a participar no curso “Cociña de pratos fríos e catering” que organizan a entidade social e a Asociación Terras de Compostela. Durante noventa horas, estes mozos e mozas adquirirán coñecementos sobre a elaboración de almorzos, canapés e pinchos,…

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación nos proxectos de formación prelaboral da Federación

Esta mañá, 60 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia un diploma acreditativo da súa participación en algún dos tres proxectos de formación prelaboral levados a cabo durante o último ano pola Federación Down Galicia. O acto, presidido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey…

Pleno de aprobados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de nivel 2 de Competencias Clave

Inmellorables! Así son os resultados das probas de nivel 2 de Competencias Clave realizadas polas persoas usuarias de entidades Down de Galicia. Dos 13 exames aos que se presentaron o pasado 12 de maio en Silleda, acadaron un resultado positivo en todos eles, o que supón un 100% de aprobados. As persoas participantes coa síndrome…

Down Ourense e Fundación Vodafone España premian a empresas ourensás por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Once empresas ourensás, participantes no programa ‘Yo me prep@ro’, recolleron esta mañá o diploma ‘Estamos prep@rados’ por ofrecer oportunidades laborais a persoas coa síndrome de Down, vendo recoñecido desta forma o seu apoio na inserción laboral do colectivo. O acto, organizado por Down Ourense e Fundación Vodafone España, tivo lugar esta mañá na Confederación de…

Down Vigo e a Escola de Maxisterio clausuran o primeiro curso do proxecto de formación inclusiva ALIDA

Down Vigo e a Escola Universitaria CEU de Maxisterio celebraron esta mañá o acto de fin de curso do Programa ALIDA, un proxecto de colaboración de dous cursos de duración que ten como principal obxectivo mellorar a inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. O evento contou coa presenza do alcalde…