O 92% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia superan as probas para a obtención do Celga 2

Un total de 11 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia da provincia de Pontevedra superaron as probas para a obtención do certificado Celga 2, o que supón un 91,7% de aprobados en relación ó total de presentados (12). Esta proba, celebrada o pasado 11 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de…

Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo de Mugartegui ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios e empresarias da zona e a mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral…

Fundación Iberdrola España impulsa a inclusión socio-laboral de mozos e mozas de entidades Down en Galicia

Fundación Iberdrola España, a través da súa Convocatoria 2016 de Axudas Sociais, aporta 40.000€ ao proxecto “Talento profesional: Emprego con apoio para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de traballo nas principais cidades galegas (Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo), estendendo así…

Fundación Once continúa apoiando a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Fundación Once para a cooperación e inclusión social de persoas con discapacidade continúa apoiando o proxecto de “Emprego con Apoio” que Down Galicia, en colaboración coas súas entidades membro, leva a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. Desta forma, persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual contan cunha serie de apoios encamiñados a…