Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade…

Down Galicia participa na presentación do programa social de emprego da Fundación Mapfre

Fundación MAPFRE, en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), presentou esta mañá o seu Programa Social de Emprego. Ambas as entidades asinaron un acordo de difusión co fin de impulsar que persoas en situación de exclusión e desemprego de longa duración logren integrarse no mercado laboral. O Programa Social de Emprego de Fundación…

Down Vigo e Fundación Vodafone España premian a empresas por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

As 14 empresas que participaron no programa ‘Yo me prep@ro’, Ada Intervencións, Adecco, Arume, Autoridade Portuaria de Vigo, Campsa Estaciones de Servizo,  Carrefour, Fundación Celta de Vigo, Fundación  Érguete,  Geas Asesores,  Ledisson,  Maxelga,  Psa  Retail e Consorcio Zona Franca de Vigo, recolleron esta mañá o diploma ‘Estamos prep@rados’ por dar oportunidades laborais a persoas coa…

Alejandro, de Down Ourense, convértese na primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España

Aos seus 25 anos, Alejandro Nieto conta cunha bagaxe laboral impoñente, xa que desde que comezou a súa andaina laboral con 20 anos, traballou en varias empresas da zona de Ourense e desempeñou diferentes tarefas en diversos postos. Actualmente, compaxina un contrato temporal como repoñedor na empresa Feuvert con outro en Domino’s Pizza (Zena Alsea).…

25 persoas de entidades Down participarán nas oposicións a uxier do Parlamento de Galicia para persoas con discapacidade intelectual

Un total de 25 persoas de tódalas entidades Down en Galicia presentaranse o vindeiro 10 de marzo ao primeiro proceso selectivo convocado polo Parlamento de Galicia para a provisión dunha praza de uxier en Réxime interino. A convocatoria, reservada para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, ten por obxecto impulsar a inserción laboral deste colectivo.…