“Risoterapia” para presentar unha nova edición do programa de prácticas formativas de Down Galicia e BBVA

A sede de Down Galicia en Santiago de Compostela foi hoxe escenario dunha xornada de sorrisos. Mozos e mozas de Down Galicia e empregados de BBVA gozaron dun taller de risoterapia no que compartiron divertidos momentos e co que se presentou unha nova edición do programa de prácticas formativas impulsado pola entidade bancaria. Este programa,…

Down Ourense e Fundación Vodafone España presentan unha formación en TICs para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Ourense e Fundación Vodafone España presentaron en La Molinera (Ourense) “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar aos empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down. Nesta acción, que forma parte do programa de formación prelaboral en Novas Tecnoloxías “Yo me prep@ro”,…

Fundación Mapfre apoia a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down

A Fundación Mapfre, a través da “VII convocatoria de axudas a proxectos sociais” colaborou con 4.000 euros no desenvolvemento do proxecto “Información, Orientación e Procura de Emprego para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia levou a cabo na comunidade autónoma galega. O seu principal obxectivo é facilitar ás persoas coa…

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación no proxecto de preparación de oposicións da Federación

Esta mañá, 32 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, un diploma acreditativo da súa participación no proxecto “Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” da Federación Down Galicia. O acto, presidido polo…