Éxito da metodoloxía de “Emprego con apoio” entre as empresas da cidade de Pontevedra

Dende o pasado mes de outubro, 6 novas empresas de referencia na cidade de Pontevedra sumáronse a aquelas outras que, ó longo do ano, contrataron a traballadores e traballadoras do Servizo de Emprego con Apoio de Down Pontevedra. Unha destas compañías é “ARUME”, presente nos comedores escolares dos centros de educación infantil e primaria, onde…

Fundación Mapfre aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia

Empresas que desenvolven a súa actividade en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa asistiron hoxe en Vigo a un encontro empresarial organizado por Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas…

A Consellería de Política Social apoia a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down en Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual cunha achega de 2.250,78€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de…

‘Los Hosteleros Modélicos’, de Down Compostela, gañan o V Campionato de Baristas Down de Galicia

O equipo “Los Hosteleros Modélicos”, da Fundación Down Compostela, proclamouse na tarde de onte gañador do V Campionato de Baristas Down de Galicia, ó impoñerse aos seus compañeiros “Los Veraniegos”, de Down Vigo, na competición celebrada na terraza do Restaurante Porta Faxeira. Promovido pola empresa Cafento, esta iniciativa pioneira no mundo, pretende demostrar a profesionalidade…

Mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse como especialistas en café para o V Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo, coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva na profesión barista, para poder exhibir os seus coñecementos no V Campionato Barista de Galicia, que se celebrará o domingo 2 de outubro na terraza do restaurante Porta Faxeira…