Down Galicia apela á implicación dos sectores público e privado nun acto de visibilización do seu programa de emprego

Down Galicia celebrou esta mañá nas súas instalacións de Santiago de Compostela un acto para poñer en valor as accións que tanto a Federación como as súas entidades membro levan a cabo para favorecer a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no mercado laboral ordinario. Nesta acción de visibilización, centrada…

A Consellería de Política Social colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na nosa comunidade autónoma cunha achega de 1.656,13€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo…

Down Galicia, Fademga e a Consellería de Sanidade premiadas nos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

A colaboración entre Down Galicia, Fademga Plena Inclusión Galicia e a Consellería de Sanidade recibiu este xoves un dos galardóns na categoría de “Acción en Responsabilidade Social Sociosanitaria” dos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas do…

O 92% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia superan as probas para a obtención do Celga 2

Un total de 11 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia da provincia de Pontevedra superaron as probas para a obtención do certificado Celga 2, o que supón un 91,7% de aprobados en relación ó total de presentados (12). Esta proba, celebrada o pasado 11 de xuño na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de…

Xuntos e Fundación Vodafone presentan un ambicioso proxecto para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo de Mugartegui ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios e empresarias da zona e a mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral…