Down Vigo renova o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria

  A asociación Down Vigo acaba de renovar o seu acordo de colaboración coa Autoridade Portuaria da cidade, organismo que durante o próximos seis meses contratará a Tamara Carballa, participante do servizo de Emprego con Apoio da entidade, para que realice tarefas relacionadas co posto de auxiliar administrativo. O obxecto deste convenio é a realización…

O esforzo e o bo traballo protagonizan os resultados das probas do proceso selectivo de pinche para persoas con discapacidade intelectual

  O pasado mes de abril de 2022 leváronse a cabo as probas correspondentes ao proceso selectivo para o acceso á categoría de pinche pola quenda de discapacidade intelectual, convocado polo Servizo Galego de Saúde e correspondente á Oferta de Emprego Público do ano 2020. Dezaoito mozos e mozas das entidades Down de Galicia decidiron…

Dous mozos do servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo comezan a traballar en Amazon Logistics

  Down Vigo acaba de asinar un convenio de colaboración coa empresa Amazon Logistics, con sede no Porriño, co obxectivo de fomentar a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Grazas a este acordo, Carlos e Anxo, usuarios do programa de Emprego con Apoio da entidade, xa forman parte do…

Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais

  A asociación Down Lugo e a Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC do campus lucense presentaron a pasada semana unha nova formación en competencias e habilidades empresariais para persoas usuarias da entidade social. Trátase do proxecto Troya, unha iniciativa que conta con apoio financeiro da Deputación Provincial de Lugo e a…

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 251 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis de mil cincocentas accións

  O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.581 accións de orientación para un total de 251 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. O balance está encadrado entre febreiro de 2021 e xaneiro de 2022, no caso das profesionais de orientación das…