Un membro de Down Vigo participará no Campionato Internacional de Baristas de Foz

 O VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que se celebrará en Foz o próximo 15 de febreiro, contará por primeira vez cun participante coa síndrome de Down. Roberto Pereira, de Down Vigo, será a primeira persoa con discapacidade intelectual que competirá a nivel nacional nesta disciplina. Durante a súa actuación deberá preparar diversas elaboracións: catro…

A Deputación de Pontevedra continúa colaborando co programa de Emprego con Apoio de Down Galicia

Cunha achega de 5.235,28€, a Deputación de Pontevedra quixo dar continuidade á colaboración que dende hai xa varios anos ofrece ao proxecto “Emprego con Apoio na provincia de Pontevedra” que Down Galicia leva a cabo nesta zona. Esta aposta pola inclusión laboral permitiu que un total de 93 persoas coa síndrome de Down e outras…

O 100% das persoas usuarias da bolsa de emprego de Xuntos atópanse traballando ou facendo prácticas

Nos últimos tempos, a bolsa de emprego de Down Pontevedra “Xuntos” está sendo sinónimo de eficacia e é que a totalidade dos seus membros atópase nestes momentos traballando ou desfrutando dunhas prácticas laborais para mellorar as súas habilidades de cara a unha futura inserción máis estable. O ano que está a punto de rematar amosouse…

A Deputación de Ourense aposta de novo pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia ourensá

Cunha achega de 2.500€, a Deputación de Ourense apostou de novo pola colaboración co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Esta colaboración permitiu que un total de 22 persoas coa síndrome de Down e…

O emprego ordinario e a vida independente, claves de Down Vigo para a inclusión das persoas con discapacidade

Down Vigo conmemora este 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade facendo un balance positivo das actuacións levadas a cabo durante 2018. No que respecta ao ámbito laboral, máis de 25 persoas da entidade lograron durante este ano un novo contrato en empresa ordinaria, o que reflicte o éxito da metodoloxía do…