“O modelo educativo quedou desfasado: o problema non é o alumnado con discapacidade, senón o tipo de aula”

A Federación Down Galicia organizou na súa sede este pasado sábado 26 de outubro “Educación Inclusiva: Deseño Universal para a Aprendizaxe e boas prácticas”, unha xornada didáctica e reflexiva que reuniu a máis de 180 profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Galicia. A formación, que…

Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico da actualización do seu convenio colectivo

Down Galicia vén de recibir, xunto con outras entidades do ámbito da discapacidade como ASPACE Galicia, Autismo Galicia, COGAMI, FEAFES Galicia e FEGADACE, unha axuda extraordinaria coa que facer fronte ao incremento do gasto de persoal producido pola actualización do convenio colectivo polo que se rexen estas entidades de discapacidade. A Federación e as citadas…

Investigadores do Instituto de Neurociencias descobren por que as persoas coa síndrome de Down tenden a desorientarse

O grupo do investigador Juan Lerma do Instituto de Neurociencias presentou no XVIII Congreso Nacional de Neurociencias, que se celebrou en Santiago de Compostela nos últimos días, o mecanismo responsable dos problemas de orientación das persoas coa síndrome de Down. O achado é resultado dunha investigación aínda sen publicar que leva desenvolvéndose nada menos que…

Unha app para fomentar a autonomía e empregabilidade das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Soy Cappaz é unha aplicación que se foi deseñando nos últimos anos para servir de apoio a persoas que o necesiten no seu día a día, especialmente aquelas con discapacidade intelectual. Desenvolta por Fundación Mapfre e Fundación GMP, ofrece a posibilidade de gañar autonomía nas tarefas diarias, organizar axenda e entender diferentes labores e accións.…