Down Galicia esixe á Xunta Electoral que anule a última instrución sobre o voto das persoas con discapacidade

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) expresou hoxe a súa indignación ante a última instrución da Xunta Electoral Central, que permitirá a determinados membros de formacións políticas cuestionar nas mesas electorais as condicións do voto das persoas con discapacidade que consideren que non exercen o seu dereito libremente. Esta…

Unha trintena de demandas de persoas en pobreza ou exclusión social na exposición “Olladas inclusivas. Ninguén á marxe” inaugurada onte na Xunta de Galicia

Con motivo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social, no día de onte inaugurouse a exposición “Olladas Inclusivas. Ninguén á marxe”, na sede da Xunta de Galicia en San Caetano. No acto estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza…

CERMI Galicia conmemora o Día Internacional e Europeo da Discapacidade coa lectura dun manifesto no Parlamento galego

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) conmemorou o Día Internacional e Europeo das persoas con Discapacidade coa lectura do manifesto emitido polo movemento CERMI no Parlamento de Galicia. A lectura correu a cargo do presidente de  CERMI Galicia, Iker Sertucha. O acto tivo lugar hoxe, 4 de decembro,…

O Congreso dos Deputados recoñece o dereito a votar de 100.000 persoas con discapacidade intelectual

Esta mañá vivimos un fito histórico na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade: a aprobación da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) que permitirá eliminar a posibilidade de que, nos procedementos de incapacitación legal, os xuíces poidan privar do dereito de voto a determinadas persoas por motivos asociados á súa discapacidade.…

Unha trintena de demandas contra a pobreza na exposición “Ninguén á marxe” no Parlamento de Galicia

Con motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, xunto á Conselleira de Política Social, Fabiola García e o presidente de EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, Antonio Hernández, inauguraron a exposición “Ninguén á marxe #ContraPobreza”. Deputadas e deputados, responsables das outras tres plataformas…