O Movemento Down en Galicia organiza o primeiro encontro virtual de mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Co obxectivo de coñecer xente nova e compartir inquedanzas e afeccións, 25 persoas usuarias das entidades Down en Galicia participaron o pasado venres no I Encontro Virtual de Mozos e Mozas organizado polo Movemento Down. Tras unha consulta previa a través dun cuestionario, as mozas e mozos estiveron divididos en tres grupos con distinta temática…

Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’

‘Hasta la vista’ pecha a súa primeira tempada con Carlota e o Camiño Francés como protagonistas. Para este episodio tan especial, o equipo de produción de ‘Hasta la vista’ púxose en contacto coa organización de Down Compostela, que propuxo a Carlota para representar á Fundación. Co espírito aventureiro que lle caracteriza, aceptou sen dubidalo nin…

Down Lugo participa no programa Buxiganga e representa a súa obra “Soños” por toda a provincia

O grupo de teatro Down Lugo volveu participar, un ano máis, no Programa Buxiganga levado a cabo pola Deputación de Lugo. Trátase dunha iniciativa do executivo provincial para dinamizar a actividade cultural nos distintos municipios e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionados lucenses. É unha forma de facer…