O Grupo de teatro Down Compostela estrea este venres ‘Todos os camiños levan a Santiago’

O Camiño de Santiago é o motivo elixido este ano polo Grupo de teatro Down Compostela para representar a súa undécima obra, que estreará este venres, 7 de xuño, no Salón Teatro de Santiago a partir das 20.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforo, polo que será necesario recoller previamente a entrada. Dirixidos…

O Campionato Nacional de Baristas inclúe por vez primeira o Campionato de Baristas Down na súa 13ª edición

Esta pasada fin de semana tivo lugar en Vigo o XIII Campionato Nacional de Baristas. Tres xornadas cheas de diferentes competicións profesionais que, por primeira vez, incluíron un campionato para persoas con discapacidade intelectual. Desta maneira, Fórum Café celebrou a primeira edición do Campionato Barista Down integrado na categoría profesional, onde mozos e mozas de…

Aberto o prazo de inscrición para o 5º Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España

A quinta edición do Encontro Nacional de Mozos e Mozas, organizado por Down España e Down Coruña, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Trátase dun evento único en España, que xunta nun emprazamento diferente cada ano a máis de 150 persoas (entre profesionais, voluntari@s, familiares e soci@s) pertencentes ás entidades presentes na Rede Nacional…

Down Galicia recibe un dos galardóns da VI edición do programa “Territorios Solidarios” de BBVA

Down Galicia é unha das oito entidades galegas que o pasado xoves foron galardoadas na sexta edición da iniciativa “Territorios Solidarios” de BBVA. Desta forma, o programa “Vida independente de persoas coa síndrome de Down” que a Federación e as súas entidades membro levan a cabo en toda a comunidade autónoma, conseguiu 6.000€ para o…

O emprego ordinario e a vida independente, claves de Down Vigo para a inclusión das persoas con discapacidade

Down Vigo conmemora este 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade facendo un balance positivo das actuacións levadas a cabo durante 2018. No que respecta ao ámbito laboral, máis de 25 persoas da entidade lograron durante este ano un novo contrato en empresa ordinaria, o que reflicte o éxito da metodoloxía do…