O emprego ordinario e a vida independente, claves de Down Vigo para a inclusión das persoas con discapacidade

Down Vigo conmemora este 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade facendo un balance positivo das actuacións levadas a cabo durante 2018. No que respecta ao ámbito laboral, máis de 25 persoas da entidade lograron durante este ano un novo contrato en empresa ordinaria, o que reflicte o éxito da metodoloxía do…

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para mellorar o proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar neste ano 2018 un convenio de colaboración que procura a mellora na calidade de vida das persoas usuarias da Federación durante a etapa do envellecemento. Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo o desenvolvemento dun…

Down Galicia lanza un folleto informativo con recomendacións sanitarias para persoas adultas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia vén de editar un folleto informativo que recolle as principais recomendacións sanitarias para as persoas adultas coa síndrome de Down. Neste tríptico, as persoas pertencentes ao colectivo e as súas familias poderán informarse de maneira moi sinxela e visual sobre a periodicidade de atención, revisión e vacinación en maiores de 18…

IV Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España: espazo de aprendizaxe e intercambio de ideas

“Para vivir de forma independente hai que asumir certas responsabilidades”, “Queremos ter diñeiro, ter un bo traballo, gozar dunha boa saúde e unha vida independente”, “É importante coidar a nosa imaxe porque é a nosa carta de presentación aos demais” ou “Queremos ter unha vida chea de emoción, perseguir os nosos soños e alcanzar obxectivos”,…