DOAZÓN PERIÓDICA
DOAZÓN OCASIONAL :: TESTAMENTO SOLIDARIO

 

COLABORACIÓN EMPRESARIAL

Colaborar con Down Galicia é apoiar a defensa dos dereitos e necesidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O noso propósito non é mobilizar recursos, senón mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e a dos seus familiares.

 

DOAZÓN PERIÓDICA OU OCASIONAL
Mediante unha doazón periódica ou ocasional podes financiar algún dos nosos proxectos de promoción da autonomía persoal das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.
Convértete en doador/a colaborador/a a través do seguinte enlace:


Se prefires realizar unha achega ocasional, faino a través do seguinte enlace ou dunha das nosas contas bancarias:


 

ABANCA:   ES69 2080 0376 6730 4001 1066
BANCO SANTANDER:   ES92 0238 8102 7106 0032 6294

 

Se realizas unha doazón a través dalgunha destas contas bancarias, lembra que debes remitirnos por correo postal ou por correo electrónico os teus datos persoais: Razón Social, CIF, enderezo, teléfono e e-mail.

Correo postal:
Down Galicia
C/ Alejandro Novo González, nº1
15706 – Santiago de Compostela

Correo electrónico: downgalicia@downgalicia.org

 

Tamén podes colaborar coas nosas entidades membro aquí

 

ACHEGAR PRODUTOS OU SERVIZOS
Podes colaborar achegando produtos ou material para a realización de actividades da entidade, ou ben cedendo as túas instalacións para acoller actos e eventos.

 

0,7% IMPOSTO DE SOCIEDADES
Que é o 0,7% do Imposto de Sociedades?
É unha medida que permitirá ao Estado subvencionar proxectos ás ONG para que desenvolvan programas sociais que sexan considerados de interese xeral. Desta forma, mediante a marcación voluntaria e gratuíta das empresas, poderase destinar o 0,7% da cota íntegra do Imposto a financiar estas actuacións.
Non ten ningún custe para as empresas. A marcación da casiña é voluntaria e non supón ningún gasto adicional. A empresa xera valor social, mentres que Down Galicia pode destinar eses fondos ao desenvolvemento dos seus proxectos.

 

APOSTAR POR POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO
Podes ofrecer prácticas na túa empresa ou contratar ás persoas integrantes da nosa bolsa de emprego a través do noso programa Emprego con Apoio.

 

INFORMACIÓN FISCAL
Segundo a Ley 49/2002 de Incentivos Fiscales al Mecenazgo, a dedución por doazón no caso das persoas xurídicas será do 35% se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores non se doou á mesma entidade e do 40% se, polo contrario, si se fixo.
A base desta dedución non poderá exceder do 10% da base impoñible do período impositivo.