DOAZÓN PERIÓDICA
COLABORA COMO EMPRESA :: TESTAMENTO SOLIDARIO

 

DOAZÓN OCASIONAL

QUE SIGNIFICA FACERSE DOADOR/A COLABORADOR/A DE DOWN GALICIA

Ser doador/a colaborador/a de Down Galicia é unha aposta clara pola sociedade inclusiva, na que a discapacidade sexa soamente unha característica máis da persoa e non o eixo da súa vida.

A Federación Down Galicia e as súas entidades loitan a diario a prol da construción dun modelo social máis xusto e inclusivo, que contemple as capacidades de todas as persoas, sen distinción.

Gracias á túa colaboración podemos seguir proporcionándolle ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais un sistema estruturado de apoios que lles permitan desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade.

Fai unha achega ocasional a través do seguinte enlace:


Ou fai unha doazón nunha das nosas contas bancarias:

ABANCA:   ES69 2080 0376 6730 4001 1066
BANCO SANTANDER:     ES92 0238 8102 7106 0032 6294

Se realizas unha doazón a través dalgunha destas contas bancarias, lembra que debes remitirnos por correo postal ou por correo electrónico os teus datos persoais: Nome e apelidos ou Razón Social, DNI ou CIF, enderezo, teléfono e e-mail.

Correo postal:
Down Galicia
R/ Alejandro Novo González, nº1
15706 – Santiago de Compostela

Correo electrónico: downgalicia@downgalicia.org

 

Tamén podes colaborar coas nosas entidades membro aquí

 

DESTINO DA TÚA ACHEGA

Traballamos en atención temperá, logopedia, apoio escolar, asesoramento a centros educativos, formación e busca activa de emprego, inserción laboral e apoio en postos de traballo na empresa ordinaria, programas de vida independente e emancipación, ocio e actividades complementarias.

Coñece o noso traballo aquí

 

INFORMACIÓN FISCAL

A Federación Down Galicia está declarada de Utilidade Pública e acollida á Lei de Mecenado.

Lembra que, segundo o  Real Decreto-ley 17/2020, podes desgravar as túas achegas e doazóns á Federación Down Galicia na declaración da renda solicitando o teu certificado de doazón. Os primeiros 150€ teñen unha dedución do 80% e o resto do 35%*.

* Cando o resto se doase á mesma entidade nos dous anos inmediatos anteriores, será dun 40%. A doazón debe ser por importe igual ou superior, en cada un deles, á do ano anterior.