DOAZÓN OCASIONAL
COLABORA COMO EMPRESA :: TESTAMENTO SOLIDARIO
DOAZÓN PERIÓDICA
QUE SIGNIFICA FACERSE DOADOR/A COLABORADOR/A DE DOWN GALICIA
Ser doador/a colaborador/a de Down Galicia é unha aposta clara pola sociedade inclusiva, na que a discapacidade sexa soamente unha característica máis da persoa e non o eixo da súa vida.
A Federación Down Galicia e as súas entidades loitan a diario a prol da construción dun modelo social máis xusto e inclusivo, que contemple as capacidades de todas as persoas, sen distinción.
Gracias á túa colaboración podemos seguir proporcionándolle ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais un sistema estruturado de apoios que lles permitan desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade.
Convértete en doador/a colaborador/a a través do seguinte enlace:
Tamén podes colaborar coas nosas entidades membro aquí
DESTINO DA TÚA ACHEGA
Traballamos en atención temperá, logopedia, apoio escolar, asesoramento a centros educativos, formación e busca activa de emprego, inserción laboral e apoio en postos de traballo na empresa ordinaria, programas de vida independente e emancipación, ocio e actividades complementarias.
Coñece o noso traballo aquí
INFORMACIÓN FISCAL
A Federación Down Galicia está declarada de Utilidade Pública e acollida á Lei de Mecenado.
Lembra que, segundo o Real Decreto-ley 17/2020, podes desgravar as túas achegas e doazóns á Federación Down Galicia na declaración da renda solicitando o teu certificado de doazón. Os primeiros 150€ teñen unha dedución do 80% e o resto do 35%*.