Finalidade do acordo: desenvolver medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas con discapacidade intelectual.
Persoas destinatarias: persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en proceso de envellecemento ou próximas a este, as propias familias ou representantes legais, así como profesionais de implicados na súa atención.
Propostas xerais de colaboración:
- Intercambio de información sobre o perfil e as necesidades do colectivo.
- Asesoramento e traballo compartido no deseño e posta en marcha de programas de envellecemento activo e saudable
- Buscar fórmulas para mellorar o proceso de envellecemento do colectivo, a través de recursos, estratexias e metodoloxías de intervención axeitados.
- Promover accións que para unha maior participación das persoas maiores con discapacidade intelectual en programas e servizos da comunidade.
- Colaboración en actividades de formación e sensibilización que se poñan en marcha desde algunha das partes implicadas neste acordo.
- Promover a elaboración, publicación e difusión de materiais que se consideren axeitados para os grupos de destinatarios deste acordo.