A QUE IRÁ DESTINADA A RECADACIÓN DO EVENTO?
A recadación do 20 aniversario irá destinada aos programas que Down Galicia e as súas entidades membro levan a cabo en toda a comunidade galega.
A Federación está formada por oito entidades sen ánimo de lucro que traballan nun modelo de intervención baseado na prestación de apoios totalmente individualizados e personalizados a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual ao longo de todas as etapas da súa vida.
Nestes momento, Down Galicia está a beneficiar a 658 persoas e ás súas familias mediante proxectos de atención temperá, inclusión educativa, formación e emprego, vida adulta e independente e un traballo transversal fundamentado nos dereitos das persoas con discapacidade.
Colaborar con Down Galicia é unha aposta pola sociedade inclusiva, na que a discapacidade sexa unha característica máis da persoa e esta poida estudar, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións.
Acadar a igualdade e a inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais é a razón da existencia das entidades Down.
Consulta neste enlace o último vídeo balance de Down Galicia.
QUERES COLABORAR, PERO NON PODES VIR Á “FESTA POLA INCLUSIÓN”?
Se non podes asistir á nosa “Festa pola Inclusión”, pero desexas colaborar co modelo de traballo da Federación, poderás facelo:
- Con unha doazón coa canitidade que ti escollas de maneira segura a través do seguinte enlace de Paypal:
- A través da Fila 0 habilitada para a ocasión: ES6920800376673040011066 (ABANCA).
Se colaboras connosco a través da fila 0, lembra que debes remitirnos por correo postal ou por correo electrónico os teus datos persoais: Nome e apelidos ou Razón Social, DNI ou CIF, Enderezo, Teléfono e E-mail.
Correo postal Down Galicia:
C/ Alejandro Novo González, nº1. 15706 – Santiago de Compostela
Correo electrónico:
downgalicia@downgalicia.org
PODO DEDUCIR AS MIÑAS ACHEGAS?
Si. A Federación Down Galicia está declarada de Utilidade Pública e acollida á Lei de Mecenado.
Poderás desgravar as túas achegas e doazóns a Galicia na declaración da renda ou no imposto de sociedades, solicitando o teu certificado de doazón.
Grazas á túa achega, centos de persoas poderán loitar por unha vida mellor.
Contigo podemos máis!